Hace 5 años
lunes, 6 de abril de 2009
BLOG CONTOS DA AULA DE INFANTIL
A través do Boletín de Platenta Lector descubrín un blog con recursos para o fomento da lectura en educación infatil, con contos creados polos alumnos,materiais para a dramatización e escenificación na aula, etc
BLOG CUENTOS DE AULA DE INFANTIL
Etiquetas:
Educación Infantil,
Fomento da lectura
UN LIBRO PARA TRABALLAR A SOIDADE E A AMIZADE EN INFANTIL
RESUMO:
Partindo da soidade do protagonista do libro, o número un, nos adentramos na súa aventura por vencer o seu estado de ánimo. Sempre á búsqueda de amigos que queiran xogar con él, imos atopando-por orde de importancia numérica-, a todos os demais membros da súa familia, dende o cero ata o nove, cada un coa súa personalidade e os seus valores.
O modo en que se presenta a viaxe de descubrimento do número un, facilitaranos o estudo non só dos números, senón tamén a análise do modo en que interactúan uns con outros, as súas actitudes e, con iso, os valores asociados que lle damos na nosa sociedade.
Ficha do libro
UN LIBRO PARA COÑECER OS XOGOS TRADICIONAIS
En tempos de Maricastaña, os nenos e as nenas tiñan moito máis tempo para xogar e reuníanse na rúa para sogar á pelota, saltar á comba ou perseguirse arriba e abaixo.
Ficha do libro
Etiquetas:
coñecemento do medio,
Fomento da lectura,
Xogos tradicionais
domingo, 5 de abril de 2009
IDEAS PARA AFICIONAR Ó TEU FILLO OU FILLA Á LECTURA
1. Sírvelle de exemplo lendo habitualmente e demostrando entusiasmo e interese polos libros.
2. Ofrécelle sempre que poidas lecturas con temas do seu interese sen importar o formato: xornais, libros, internet, cómics, ...
3. O cómic adoita a ser moi motivador e axuda a mellorar a comprensión lectora
4. Non lle ofrezas lecturas demasiado infantiles, axústate á súa idade.
5. Se lle gustou moito unha polícula, unha serie, un videoxogo, etc. busca lecturas relacionadas.
6. Non impoñas unha lectura se non lle apetece, ofrécelle textos se correspondan cos seus gustos non cos teus.
7. Acláralle o significado das palabras que non coñece axudándolle a deducilas polo contexto ou buscándoas no diccionario.
8. Fálalle das lecturas que che gustaban á súa idade e por que. Preguntalle polos seus gustos en relación coa lectura.
9. Visitade bibliotecas e librarías, mentras ti escolles o neno ou nena pode investigar na sección infantil e xuvenil.

viernes, 3 de abril de 2009
IDEAS PARA O DÍA DO LIBRO
Na páxina de contidos da Xunta atopei este xogo que pode ser de utilidade para traballar nas actividades do día do libro co alumnado a partir do 2º ou 3º ciclo de educación Primaria:
AVENTURAS DEL QUIJOTE
Etiquetas:
Datas conmemorativas,
Día do libro,
Fomento da lectura
jueves, 2 de abril de 2009
A BIBLIO DOS RAPACES
A través dos enlaces dende a páxina de contidos da Xunta de Galicia din con esta páxina que me pareceu moi interesante. Trátase dunha espazo para que a xente que escribe famosos e non tan famosos, pero consistente, poida publicar as súas creacións literarias:
LA BIBLIO DE LOS CHICOS
A intención é difundir a boa literatura infantil de forma accesible, chega con ter unha impresora simplemente. Ofrece un índice completo do publicado, ordenado por apelido dos máis de setenta autores: 76 contos, 40 poesías, 26 lendas, 2 coleccions de poesías tradicionais e 37 historietas. Para ver datos sobre un autor, basta con facer click no seu nome. Para ir a un texto ou historieta, basta con facer click no título.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)