GUÍA PARA A SELECCIÓN DE FONDOS DOCUMENTAIS NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

GUÍA PARA A SELECCIÓN DE FONDOS DOCUMENTAIS NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Ten como finalidade orientar ao profesorado responsable das bibliotecas escolares dos centros de ensino infantil e primario, na selección dos materiais informativos e literarios que poidan adquirirse para a actualización das coleccións documentais.

PORTAL DE LECTURA E ESCRITURA

A PRAZA DAS LETRAS

A PRAZA DAS LETRAS
A web Praza das Letras busca xuntar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura.

BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL- Educación Primaria

BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL- Educación Primaria
Recursos para educación primaria

Recursos para a biblioteca do Ministerio de Educación

BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS VIRTUAIS

BIBLIOTECAS VIRTUAIS
Libros on line, editora virtual, foros e salas de conversa sobre libros, área de mercado, guías de lectura, exercicios interactivos e imprimibles, etc.

Biblioteca Digital Mundial

A biblioteca como ferramenta educativa para desenvolver prácticas lectoras

Servivio de Orientación de Lectura

PROXECTO DE LECTURA PARA CENTROS ESCOLARES

PROXECTO DE LECTURA PARA CENTROS ESCOLARES
Recursos para facilitar ó profesorado a xestión da biblioteca e a promoción da lectura

PÁXINA DE "EL BARCO DE VAPOR" con orientacions para a lectura, catálogo, novidades, etc.

BIBLIOTECA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

BIBLIOTECA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Libros clasificados por idades, xénero, etc.; Novidades; Enlaces a portais de lectura, editoriais,...

BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

PÁXINA COAS NOVIDADES DA LITERATURA GALEGA promovido polo portal Culturagalega.org, do Consello da

PÁXINA COAS NOVIDADES DA LITERATURA GALEGA promovido polo portal Culturagalega.org, do Consello da
LG3 está concibido como unha revista virtual para responder á gran demanda de información sobre literatura e edición literaria galegas

ESCOLA DE CARACOIS

ESCOLA DE CARACOIS
Animación á lectura a través das TIC. Orientado especialmente á educación infantil.

LIBRO TOTAL

LIBRO TOTAL
Libros clásicos clasificados por países

viernes, 16 de octubre de 2009

STORYPLACE La Biblioteca Preescolar


Nesta web podes atopar contos divertidos con actividades sobre diferentes temas: animais, a hora do baño, as cores, as figuras, ...
Preme no seguinte enlace para acceder:

STORYPLACE

miércoles, 22 de julio de 2009

TALLER DE LECTURA DE EDUCAPEQUES


Neste portal podes divertirte coa lectura e coa escritura: contos de sempre que se poden ler e escoitar, historias inventadas polos teus alumnos e alumnas ou polas túas fillas e fillos, adiviñas para traballar o vocabulario, xogos coas palabas que estimulan a atención e a lectura, refráns, etc.
Preme no seguinte enlace e accede ós obradoiros de lectoescritura:
http://www.educapeques.com/taller/

LITERATATURA INFANTIL- Poemitas de Carmen Gil


Na seguinte dirección podes acceder a diferentes poemas sobre temas variados (coeducación, medos, interculturalidade, etc.) escritos por Carmen Gil e que poden ser moi útiles para traballar a literatura infantil nas aulas:
http://www.poemitas.com/

lunes, 6 de abril de 2009

BLOG CONTOS DA AULA DE INFANTIL


A través do Boletín de Platenta Lector descubrín un blog con recursos para o fomento da lectura en educación infatil, con contos creados polos alumnos,materiais para a dramatización e escenificación na aula, etc

BLOG CUENTOS DE AULA DE INFANTIL

UN LIBRO PARA TRABALLAR A SOIDADE E A AMIZADE EN INFANTIL


RESUMO:
Partindo da soidade do protagonista do libro, o número un, nos adentramos na súa aventura por vencer o seu estado de ánimo. Sempre á búsqueda de amigos que queiran xogar con él, imos atopando-por orde de importancia numérica-, a todos os demais membros da súa familia, dende o cero ata o nove, cada un coa súa personalidade e os seus valores.

O modo en que se presenta a viaxe de descubrimento do número un, facilitaranos o estudo non só dos números, senón tamén a análise do modo en que interactúan uns con outros, as súas actitudes e, con iso, os valores asociados que lle damos na nosa sociedade.


Ficha do libro

UN LIBRO PARA COÑECER OS XOGOS TRADICIONAIS


En tempos de Maricastaña, os nenos e as nenas tiñan moito máis tempo para xogar e reuníanse na rúa para sogar á pelota, saltar á comba ou perseguirse arriba e abaixo.

Ficha do libro

domingo, 5 de abril de 2009

IDEAS PARA AFICIONAR Ó TEU FILLO OU FILLA Á LECTURA

1. Sírvelle de exemplo lendo habitualmente e demostrando entusiasmo e interese polos libros.
2. Ofrécelle sempre que poidas lecturas con temas do seu interese sen importar o formato: xornais, libros, internet, cómics, ...
3. O cómic adoita a ser moi motivador e axuda a mellorar a comprensión lectora
4. Non lle ofrezas lecturas demasiado infantiles, axústate á súa idade.
5. Se lle gustou moito unha polícula, unha serie, un videoxogo, etc. busca lecturas relacionadas.
6. Non impoñas unha lectura se non lle apetece, ofrécelle textos se correspondan cos seus gustos non cos teus.
7. Acláralle o significado das palabras que non coñece axudándolle a deducilas polo contexto ou buscándoas no diccionario.
8. Fálalle das lecturas que che gustaban á súa idade e por que. Preguntalle polos seus gustos en relación coa lectura.
9. Visitade bibliotecas e librarías, mentras ti escolles o neno ou nena pode investigar na sección infantil e xuvenil.

viernes, 3 de abril de 2009

IDEAS PARA O DÍA DO LIBRO


Na páxina de contidos da Xunta atopei este xogo que pode ser de utilidade para traballar nas actividades do día do libro co alumnado a partir do 2º ou 3º ciclo de educación Primaria:

AVENTURAS DEL QUIJOTE

jueves, 2 de abril de 2009

A BIBLIO DOS RAPACES


A través dos enlaces dende a páxina de contidos da Xunta de Galicia din con esta páxina que me pareceu moi interesante. Trátase dunha espazo para que a xente que escribe famosos e non tan famosos, pero consistente, poida publicar as súas creacións literarias:
LA BIBLIO DE LOS CHICOS
A intención é difundir a boa literatura infantil de forma accesible, chega con ter unha impresora simplemente. Ofrece un índice completo do publicado, ordenado por apelido dos máis de setenta autores: 76 contos, 40 poesías, 26 lendas, 2 coleccions de poesías tradicionais e 37 historietas. Para ver datos sobre un autor, basta con facer click no seu nome. Para ir a un texto ou historieta, basta con facer click no título.

domingo, 29 de marzo de 2009

LIBROS QUE EDUCAN EN VALORES


No Blog Diversidad afectivo-sexual atopei varias referencias a libros que aportan valores ós estantes das nosas bibliotecas. Podedes consultalas no seguinte enlace:

http://recursosdiversidadafectivosexual.blogspot.com/search/label/libros

viernes, 27 de marzo de 2009

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EMOCIONAL


Enlace á descarga do PDF con recomendación de lectura da Xunta de Galicia para Educación Infantil. Estas lecturas están orientadas a fomentar a educación emocional e en valores. Tamén inclúe actividades que se poden realizar co alumnado.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/Sentimentos.pdf

2 DE ABRIL: ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ANDERSEN


A conmemoración do nacemento de Andersen o 2 de abril constitúe unha oportunidade máis para o fomento da lectura entre os nosos nenos e nenas.

miércoles, 4 de febrero de 2009

LIBRO PARA TRABALLAR AS RELACIÓNS AFECTIVAS EN EDUCACIÓN INFANTIL: recomendacións de Planetalector


¿Quién me quiere más? de José Luis Ágreda


RESUMO DO LIBRO: Carla se pregunta quen a quere máis: o seu pai, o seu irmán, a súa nai... Divirtete con esta simpática historia de Carla e descubre cómo a túa familia e amigos amósanche o seu afecto de formas distintas.

miércoles, 14 de enero de 2009

Persépolis, de Marjane Satrapi


Persépolis, de Marjane Satrapi | Guía del cómic
Cómic autobiográfico dunha muller iraní que creceu no réxime fundamentalista islámico e acabou abandonando o seu pais. Empeza cando ten dez anos e narra o que ocorre dende a súa perspectiva de nena.

domingo, 11 de enero de 2009

O DIARIO DA COMUNIDADE XORDA


DIARIO SIGNO é un xornal andaluz on line no que todas as novas están signadas. Inclue noticias sobre a comunidade xorda, así como información local, nacional, deportiva, etc.