1. Sírvelle de exemplo lendo habitualmente e demostrando entusiasmo e interese polos libros.
2. Ofrécelle sempre que poidas lecturas con temas do seu interese sen importar o formato: xornais, libros, internet, cómics, ...
3. O cómic adoita a ser moi motivador e axuda a mellorar a comprensión lectora
4. Non lle ofrezas lecturas demasiado infantiles, axústate á súa idade.
5. Se lle gustou moito unha polícula, unha serie, un videoxogo, etc. busca lecturas relacionadas.
6. Non impoñas unha lectura se non lle apetece, ofrécelle textos se correspondan cos seus gustos non cos teus.
7. Acláralle o significado das palabras que non coñece axudándolle a deducilas polo contexto ou buscándoas no diccionario.
8. Fálalle das lecturas que che gustaban á súa idade e por que. Preguntalle polos seus gustos en relación coa lectura.
9. Visitade bibliotecas e librarías, mentras ti escolles o neno ou nena pode investigar na sección infantil e xuvenil.